miércoles, 1 de abril de 2009

DESPOIS DE TOCAR SEN TOCAR. A ONDE IREI?




-----------------------------------------------------------------------------------------------

A sona lévana os mariñeiros, pero o quen máis quen menos..., fixo as súas pitanzas. Nós os músicos non, dende logo, pero "non hai tu tía que nos salve".
Foi un deses seráns que non tiñamos cama. Logo dunha tremenda churrascada, porque ante unha parrillada galega non hai quén se resista, comezamos o debate dos perigos que tiñamos os músicos o mesmo ca os mariñeiros: “Haber jefe, ti vai apuntando aí nesa servilleta”. Sempre tiña que anotar eu por non ter ninguén boli.
O fontaneiro, o carpinteiro, o albanel, o da pingueira no faiado, o da televisión, o da bombona, o electricista, o do contador da luz e o da auga, o de cambear a goma do butano, o carteiro,..., e así deixámola cousa cando xa íamos en once. “Vaia, que tamén por un máis xa era a ducia”, dixo o condenastro do Nica, o animador. “E agora dicídeme vós cantos perigos non temos os músicos mentras estamos fóra da casa.
¡O mesmo ca os mariñeiros! E logo falan de nós, pensan que ir á festa é ir de festa. Nós imos facer a festa”, seguiu el.
Dous días adiante escoito eu na Fonte do Campo a unha mui honrada muller: “Ai, déixame ir pa casa que vai aí o da Sta. Lucía co recibo deste mes”.
“Compañeiros, acabo de descubrir ó máis perigoso de todos”, dixen eu na festa seguinte. Todos quedaron ínquedos. “Jefe, o que ti non vexas non o vé ninguén. Logo, aínda había algún máis?”, dixo o Nica. “Si meus, o da Santa Lucía”,dixen eu sacando peito e a face seria polo descubrimento. “Mecághono carallo, pois é verdade, ese é o máis perigoso e ademais ten cara de xoíña”, dixeron todos á unha mentras estoupaban coa boca chea de callos.
Así as cousas, e por mal pensados e pecadores "sin obra", pero con "gracia e omisión", xa me diredes vós a onde iremos dar cos ósos o día de marras. Ó Ceo xa nada, iso nin soñalo. ¡A verdade que, tamén para ir coas ovellas, (foto da esquerda) a min nonme vai o monte nada! Perderíaas todas. A marxe diso, tampouco cola a cousa: Sempre hai catro carallos, ducias de misas que non fuches, murmurar, ollar de reollo as pernas dunha muller e, logo nada de confesarse dende a primeira comunión. Así que co visto, ó Ceo nin con percebes do Roncudo de recomendación.
Logo queda o Purgatorio. Ollade o que alí hai na foto do medio e xa me diredes: Monxas e frades do máis inocente. Solteironas co precinto de garantía (o mesmo cas cociñas sen estrenar de abaixo) e catro paspáns que non se comeron unha rosca. E por encima todo o día facendo laios de perdón. Pero, é o sitio que máis medo lle teño: Ó Purgatorio, o que nos faltaba ós músicos despois de ver e non tocar. Tocar (?), no palco sí, pero namais.
Seica “también se peca con el pensamiento”, dicía un cura mentras eu esperaba para tocar á procesión. Así que visto o visto, os do mundillo da farándula, como nos coñecen, xa contamos ir pó inferno, pois xa vedes aí as fotos das animadoras e bailarinas que andaban connosco nas festas. ¡E todo iso sen poder tocar, tocando!
¡Ai..., pero aló han estar xa: Susana Estrada, menos o porteiro que era automático...; Marilin Monroe; a Pantoja por desfacer tantas vidas e non levar unha a cabo; a Faraona, que por culpa dela pasamos tódolos músicos pola Facenda Pública e caeunos gorda; a nosa oriunda galega Carolina, a Bella Otero, (ata lle foi infiel á Torre Eiffel); a Becaria Lewinsqui, a do Clinton; Sarita Montiel fumando Chesterfiel (foi ó único que lle foi fiel); a enrrugada Carmen Sevilla que tamén foi boa pilla. E logo estas da Jett Sett: Mar Flores; a inocente Rociíto; Belén San Esteban e, toda esta troula de: Gente e Gran Hermano, que dá máis que falar ca política.
Porén, meus, tampouco vai ser tan mala cousa, pois a min a caloriña sempre me veu ben. Son moi frioleiro, sabedes. E alí, entre as rachas do lume, unha auga na trepia e o ambiente..., pois, xa vos contarei. ¡Que Deus nolo perdoe!
---------------------------------------------------------------------------------------------------
P.D. E para máis contando que as nosas parientas van ir para o Ceo por tan formales. Ou sexa, solos total. Mailas de marras.

4 comentarios:

Paco dijo...

Que nón Suso, que nón, que a única profesión que se libra de tocar ás mulleres e a de maricón (creo que xa esta no diccionario da real academia) e ainda así cuidado non lle dea por entrar outra vez no armario.
O mellor para non ter coidado coa muller e querela e respectala ti a ela.
Si che é infiel non te merece.

Luz dijo...

Anda Suso, que los músicos tocais despues de tocar tocando.Haber si os librais del purgatorio por lo menos..., el infiernos es donde está la marcha, condenados...
¡Que envidia!

Xosé dijo...

Oes Suso, estou estes días cavilando que tés razón no do purgatorio, se hai praza no inferno faime un sitiño...he, he, he..., pois estou un pouco frioleiro.

Dolores dijo...

Xa está ben de poñer ás mulleres de espabiladas e vós de mártires. Non tendes perdón, nin músicos nin mariñeiros, sodes todos iguales e tocades onde podedes...