O grilo e a grila
Unha noite de claro luar, na que todo era un doce grilar, un griliño na noite brileira, suspiraba na súa grileira:
“¡Eu
tamén…, eu tamén quería grilar!”, berraba un
griliño novo.
“¡Pois grila, grila canto ti
queiras, que griliñas hai sen grilar!, escoitouse
unha voz moi preta.
” “Pero eu son grilo novo, e non
sei como é grilar, e as novas non saben, do grilo un grilar”, repondeu de novo o griliño.
“¿Que pides logo griliño, comigo
querer grilar?”, de novo a voz de
antes.
“¡Se ti me ensinaras,
contigo a grilar, despois eu grilaría as
grilas ó par!”, marmullou de novo o griliño.
“¡Ai, vaite preto griliño, e coas
grilas ponte a grilar, que a noite aledan co seu
ledo cantar!”,berrou a grila
vella.
. “¡Pró, ti non entendes, que eu non quero
cantar, o que a min me preme é saber grilar!”, outra vez o
griliño novo.
“Pois mira griliño novo, que teu pai foi
griladeiro,
e co teu vello aprendín, a grilar con el
primeiro”., sincerouse a grila
vella.
“¿Logo, sabes ti quen
foi, o grileiro de meu pai?”, preguntou o inocentiño.
“¡Ai, filliño do grileiro, que teu pai
foi griladeiro, á miña grileira viña, cada noite silandeiro!”, exclamou a vella grila.
“Xa muller, xa, a ti meu pai te ensinou, a grilar na
túa grileira, mais a min non hai unha grila,
que me ensine a griladeira”., suspirou o imberbe grilo.
“Pois ven acó meu griliño, e baixa á miña
grileira, se teu pai a min me ensinou, a
ti grílote eu primeira”.
E na cume de lúa chea, a noite
foi rematando. ¡Ai, pero como rematou! Co xerundio do verbo grilar: Grilando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario