sábado, 2 de julio de 2011

UNHA MERENDA EN FAMILIA


Antonte publicaba a Voz a foto de unha merenda na romaxe do día de S.Pedro aquí na nosa comarca. Nada novo baixo o sol, somentes que de pronto sentin as meniñas húmidas, eu son así. E decateime do inmenso valor que ten en col dun taboeiro de pino con dous cabaletes, unha empanada, unhas tortillas e unhas sinxelas viandas de calqueira romaxe. Porque ao seu redor estaba toda unha familia e iso ten máis prezo ca todo un banquete de voda a cen euros o cuberto.
Hai cousas, meus, que un non acaba de comprender, eu que vin milleiros de merendas na miña vida de músico, teño que ver esa foto nun xornal, para de repente darme conta do auténtico fervor de acudir rezar unha misa ao Santo, para logo desfrutar coa familia.
Pero digraciadamente non sempre é así, outros acoden ao Santo e procuran alonxar un treito para o intre de dar a man coma irmáns. Velaí a diferencia. E velaí o que eu non entendo, como se pode crer e rezar a Deus sen dar fala á familia e non sentir un remorso? Esta tamén é outra das observacións na miña vida cotidiá de trotamundos, pois, sempre dixen que fun un ollador do meu entorno.
No que a min respecta, nunca aceptei aquel, para min triste refrán: “A familia está para as ocasións”. Para que ocasións? Esta é unha das frase que máis odio, dito sexa en román paladino e sen máis reviravoltas. Eu desde que peche os ollos non teño falla da familia que en vida me dou as costas. E menos que acepten o pésame polo meu pasamento. Non, a familia que só está para as ocasións, que non perda unha noite de velorio nin unha tarde de soterro para acompañarme con face de circunstancias. Dí outro vello refrán: “Mellor solo que mal acompañado”, aínda sendo no derradeiro día.
Por iso, meus, non entendo a que carallo vamos de romeiros ofrecidos e fervorosos, escoitar catro misas, levar un velón de seis quilos e pasarlle o pano ao Santo, se logo non somos capaces de compartir unhas chulas de pan e ovo coa familia.


1 comentario:

mariasuagon dijo...

Moi certo, Suso. A familia eu penso que a fai o trato e os feitos de actuar como tal, non a relación genetica. Debemos esperar dos nosos confianza sencilla e tamén ragalala a cambio. Despois de cerrar os ollos, todo non vale nada.