sábado, 23 de abril de 2011

UNHA DE CHISCÓLOGO


Sucedeume hai uns meses. Estaba eu esperando a quenda para entrar ao meu psicólogo, cando de súpeto se me ocurreu unha idea, metin man ao peto, saquei unha tiriña de papel e nela escribin: “Non hai dereito que veñamos os que vimos, polos que tiñan que vir e non veñen”.
Namais entrar, lle la din ao psicólogo e quedou pensativo logo de relela unhas cuantas veces. De pronto díxome: “Jesús, este apunte lo llevaré a nuestro próximo congreso”.
Efectivamente ao psicólogo ou psiquiatra vamos moitos, pero non por mor de ser os de máis falla, senón por ser máis débiles de nervios, ou sexa que, o ter nervios non ten que ver con estar mal da casqueta.
Pero velaí onde esta miña frase me comezou a facer mágoa dende aquela mañá, e, máis cando veño de comprobar no día a día a moita falla que tiñan de ir os que realmente debían, pero non van.
Na sala de espera comprobo que a face de todos os pacentes reflicte tristura, pero nunca que estean mal do caletre. Ao mesmo tempo teñen cara de boa xente, agás que falla de carácter e sangue fría, dito sexa en román paladino.
No entanto a isto venme á memoria aquela vella frase tan usual para moitos exemplos: “Nin son todos os que están, nin están todos os que son”. Nunca mellor aproveitadas estas verbas.
Malia que isto caerá en saco roto e todo seguirá o mesmo. O mundo, a vida é dos fríos, cínicos, sangue fría que non coñecen o que antes citei, esa enfermidade como é a de padecer nervios. Persoalmente sempre perdo do meu lado, aínda sabendo que teño razón. Por qúe?, por medo a min mesmo, porque vou ser eu quén o vou a pasar mal.
É triste chegar á conclusión que un se teña medo asimesmo. Parece de risa, pero eu, o meirande inimigo o levo dentro de min, ata perdo de entrar en debates anónimos de algúns xornais, porque sei que esa noite non vou pegar ollo logo de ler as respostas.
Aínda sabendo que é pecado, un sinte envexa cando ve ao do lado tomando un viño ou un café, unha cervexa ou un cubatiña. E un sempre con tila, descafeinado e auga, toda unha vida con auga e sen padecer do estómago. Logo, toda unha vida atiborrándose de pastillas e con elas no peto para unha emerxencia. Agás que sempre hai quen o pase peor, non se pode caer en soberbia
Mais se algo me sirve de consolo é que, da mesma maneira que o polo Norte xa non é tan frío, tamén os tan fríos deixan de selo segundo lles aperten as caravillas. ¡Ai, cantos fortachóns vin chorar! A todo porco lle chega o seu San Martiño.

1 comentario:

mariasuagon dijo...

Suscribo rotundamente a túa frase entrecomillada. Non quero facer eu de psicóloga, por que tamén me poño no mesmo lado da mesa ca ti, pero os nervios, ou os dominas ou te dominan eles, eu convivo por fin en paz coa miña ansiedade, aprendin a vivir con ela, como outra persoa coas migrañas, xa fai un tempo que vou ganando eu.
Empecei a ler o teu libro sobre a música en Corme, que lle compramos a meu pai, e coa dedicatoria a teu pai puxeronseme os pelos de punta, non perdas de expresarte cando cho pida o corpo, haberá quen entenda e quen non, pero seguramente alguén haberá que lle gustaría ser quen dixera as túas palabras