lunes, 30 de diciembre de 2013

UN ANO QUE SE VAI


Outro ano que remata, un ano no que esperimentei novas sensacións como foron a de voar en avión. Nunca o fixera e este ano xa lle tocou seis veces. Pero a cousa é que lle sigo tremendo, somentes me consola ver a tripulación tan nova e penso que si eles non teñen medo con toda unha vida por diante, pois, o meu xa non é capote.
Efectivamente foi o ano das viaxes da miña vida: tres excursións polo Imserso, un total de 35 días e outros 60, como xa dixen de caravaning. E chegáronme a pouco. Agora con este tremendo inverno non hai maneira de saír a ningures.
Dicía que outro ano remata e cada nadal neste tempo é tempo de meditación, de facer un repaso de todos os aconteceres dende o 1º de xaneiro. Das cousas boas que o 2013 nos trouxo e asimismo tamén das malas. No meu caso non teño queixa, somentes foron boas a Deus grazas como foi o nacemento da netiña Noa.
Remata o ano, dicimos, e sempre acostumamos a pedir que o vindeiro sexa mellor, as máis das veces sin motivo para pedir unha mellora que tampouco non fai falla se non tivemos ningún contratempo. Eu sempre dixen que o vindeiro sexa coma o que remata e punto. Con tal que non sexa peor xa me conformo. E con respecto aos cartos, hai que dicir que o tempo dos cartos foise. Conformémonos entón co que temos e toquemos madeira.
No que a Corme, á nosa vila respecta, penso que non  tivemos queixa este 2013. Non tivemos loterías, agáx que a mellor lotería foi non ter digracias. Ben, é un dicir, pois sí tivemos a caída do Cruceiro da Calle que esta vez, e polo trizado que quedou, penso que non terá arranxo, sorte que  polo menos non collío a ninguén na súa caída.
 Malia isto, coido logo que hogano non foi malo para o noso pobo excepto que non saíu calamar no peirao, tamén todo hai que falalo. Pero iso si, saíu moito xureliño e, para matar o bicho os máis de 30 aspirantes a calamareiros da bisbarra que cada noite nos visitan, pois iso, que foron lévedos para a súa casa. Polo menos levaron para o gato.
Bromas aparte e, este mal tempo máis aparte aínda, rematamos o ano coa nova da subida da luz de 1º prato para a noite de fin de ano. De postre xa veremos sobor da marcha.  É unha boa nova para comezar aninovo. Así de entrada e para amargarche o pouco turrón que se come por mor dos ácidos úricos, diabetes e colesteroles. Ante isto propoño cear con véla, ten o seu romanticismo.

E como escribía hai un ano D.Victor Freixanes lembrando unha anterga costume da súa aldea, pois, pasémonos lume novo dunha casa á outra. Isto era que o 1º día do ano, os veciños íanse pasando iso, lume novo dende a primeira á última casa da aldea. Unha costume que xa quixera eu poñer novamente de moda. Ano novo, lume  novo.  

1 comentario:

O renqueante dijo...

pois para seguir a costume haberá que decir : feliz aninovo a todos (incluido o autor do blog). e que sexa con saude.