sábado, 23 de noviembre de 2013

OLA MEUS

OLA MEUS
Despois de tanto tempo sen escribirbos, debo facer una explicación: A cousa foi que me quedei sen ordenador hai case un mes, ou sexa, que cascou cando estaba a punto de cumplir os sete aniños. Tampouco era tan vello, meu pobre, a verdade que pensei (despois de mercalo noviño do trinque) que chegaría máis a lonxevo. Pero xa vedes, o home propón e Deus dispón.
Agora atópome co tema do enterro e funeral, pois, hai que entender que foi un compañeiro verdadeiramente confidencial. ¡Ai, se el falara! Por iso quero quedar ben coa súa memoria, por serme tan fiel durante estes sete anos. Sen dúbidas, este més sen el, paseino mal. Cada mañá era de tristura sen poder abrilo. Ata que despois dunha lenta agonía palmou sen despedirse.
E agora un do paquete, á miña idade un modelo Windows-7, case nada, pero isto la mar me deixe se non é un maquinón. ¡Pero non me entero de vaina nin pouco nin moito!. Grazas a Óscar que mo vén poñendo a tiro de cañón, ou sexa: todo en acceso directo. ¡Que sería eu sen este rapaz!
A verdade que xa non estou para estes aspaventos, pois a nova tecnoloxía éme máis dura ca o de ler corcheas, dito sexa da paso. O meu é a solfa e, punto de crús. E quería mercar o nº 8, ou sexa, o de máis alto nivel! Menos mal que a rapaza da tenda tivo máis entendemento. E tamén me viu o plumeiro no meu nivel informático. Ou sexa, cero pataqueiro.
Pero este é unha gozada, meus, eu que non teño pacencia para nada, este voxa como unha avioneta á hora (cando menos) de ler a Voz de Galicia, o correo persoal ou ben Xente de Corme. O outro, meu pobriño, xa non tiña zolás para nada. Agora xa non andaba nin con muletas, que xa é dicir. Ou sexa, coma un servidor. Chega a idade e hai que aceptala, paseniñamente, pero hai que aceptala.
Mais volvendo ó vello ordenata (que agora xa non obedecía nin a amosar a cara) tamén é certo que axiña acusou a chegada do outono, a da caída de folla. A de irmos palmando os vellos e os que virán atrás. Menos o duque empalmado, que ese si que non palma nin en Palma.

P.D. Déixovos que teño que seguir estrabulando neste artiluxio ata saber moverme por el. Que teñades unha boa finde.

4 comentarios:

Vinte renqueante dijo...

acórdate de que sólo é unha máquina. e, como todo nesta vida, hai que collerlle a man. eu tamén digo que mellor o 7 que o 8. si cadra nun futuro dirán que errei. sorte.

Lalo dijo...

Buenos días, D. Jesús.

Felicítolle efusívamente pola súa nova adquisición, e deséxolle moitos anos de disfrute recíproco: vostede da velocidade e utilidades do PC, e él dos vosos coidados e alabanzas.

Eu son Lalo, un internauta aficionado a música ... bueno, máis ben 'recén chegado': inda me falta para cumplir tres anos no Coro de Oleiros.

Como tamén sou un pouco informático e tiña curiosidade por mellorar a presentación de algunhas partituras que veía como fotocopias de fotocopias arrugadas, anotadas, tachadas, voltas a fotocopiar torcidas, ... aprendí a utilizar un programiña para pintar partituras, y apañei algunas.
O seguinte foi compartir as follas limpas co mundo, e montei un blog donde a cada partitura lle vou añadiendo información sobre o contexto, as circunstancias, o autor, letra, traducción si é o caso, exemplos de interpretacions atoupadas en YouTube, ...

Por este camiño atoupei "A branca gaivota" vosa, que, ademáis de gustarme especialmente (felicidades pola creación), cumplía perfectamente a descripción de "partitura trasteada".

Púxenme con ela, e xa está lista para unha nova páxina no meu blog.

A páxina tambén está lista, coa indicación "en obras" no sitio donde vai ir a partitura e os MIDIs.

Por la presente, antes de poñer os documentos a disposición do público en xeral, gustaríame saber que conto co seu beneplácito, tanto en que a transcripción é correcta como para a publicación da mesma "sen ánimo de lucro e con fines meramente educativos".

Pode ver o aspecto do meu blog buscando en Google "lalusfecit partituras".

A páxina para "A branca gaivota" é:

http://lalusfecit-partituras.blogspot.com.es/2013/11/a-branca-gaivota.html

Non atoupei por ningún lado o seu correo electrónico, que necesitaría para enviarlle os ficheiros .pdf e midi.

O meu é: etejado@yahoo.com

Moitas gracias pola súa atención, e noraboa pola súa música e o seu blog "Dende Corme ao Mundo", moi ameno de leer.

Na espera das súas noticias, envíolle unha aperta dende Soñeiro (Sada).

Administrador dijo...

Saúdos Lalo: Alédome contar cun amigo máis no meu blog, pois, por outra banda os meus lectores non son aló moi aficcionados da facer comentarios dos meus sinxelos artigos.
Respecto á Branca Gaivota, xa sabía que a tedes en Internet a Coral de Oleiros (saúda a Luciano).
E xa entrei agora mesmo no teu blog, co cal vexo que eres un auténtico melómano. Espero enviarche o meu correo para intercambear opinións. Saúdos, pero estou facendo a maleta para Canarias e con pouco tempo. Grazas Lalo.

Lalo dijo...

Boa viaxe e boa estancia.
A volta xa falaremos.