martes, 14 de abril de 2009

BANDO DO ALCALDE DE BARRIO



Queda totalmente prohibido dende as nove horas de mañá, a circulación de mozas pola Fonte do Campo. Isto ben a ser que cada unha que pasa, zás, unha piqueta que furou o cano da auga do rueiro. A este paso vai haber máis remendos na tubería ca nos antergos pantalóns dos pobres. Os de Espina y Delfín xa están negros de tanto parcheo.
E non vos digo nada do que vén serrando a rúa de cemento, pois onte ollando unhas "curvas", pois iso, que fixo curvas en vez de vir dereito pola marca/sinal e serrou a recén estrenada calle segundo lle ían os olliños. Logo houbo berros para todos co encarregado. (Pero isto entre nós, ollaron os dous, malia que o xefe non tiña a piqueta na man e non fixo unha avaría senón furaría ata o alcantarillado).
Malia isto, a empresa a este paso vai presentar quebra por non atenderen ó traballo. Cada moza que pasa, o da pala segue tras dela coa mirada. ¡E coa pala xirando, claro! E así vai a cousa, que en vez de encher o chimpín co escombro, enche a Fonte. Non hai dereito, mozas. ¿Non sabedes que o home, conforme olla "unhas curvas femininas" é home morto? Eu o medo que teño é que leven a Fonte que fixo o meu visabó Torrado por diante cun palazo da excavadora. Hoxe pouco lle faltou, pois, cando eu estaba tomando o descafeinado das cinco, veume un gallupón á boca co susto da pala e polo do "susto"(?) do palista.
Pero o perigo aínda está en que de seguir así, metan os cables de R nos tubos do Gás e viceversa. Logo estás na cociña quentando o leite e, ó abrir o gás sáeche a chica de R : "Aproveche nuestras ofertas para hablar más y disfrutar de nuestra red de Internet". E co susto, veña, o leite por fóra no outro fornelo. Pero peor vai ser aínda cando collas o teléfono e poidas quedar axfisiado de gás. Isto é moi, pero moi serio, mulleres. ¡Que non son só as mozas!
É por isto polo que dispoño que: A partir de mañá, mércores, as mulleres (todas sen excepción) deixen de cruzar pola Fonte do Campo. Queda totalmente prohibido ata nova orde. Para circular deica ó Campo -Rúa Real- faráno polo Río da Roda, Carreixo da Man Peluda, Campiño e abxacentes. Logo que non se queixen se quedan sen auga para a lavadora e o lavavaixelas. Ducharse tantotén, hai moito frío e aínda sería unha boa disculpa.
En canto ós mariñeiros do pobo, poden tomar os viños no bodegón sen perigo ningún. Os albaneis non son cegos, a Deus grazas.
Asinado: Corme Cháns Cousillas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
P.D. Adicado ós obreiros que están a facer esta obra polo traballadores e formales que son. E ó capataz, que é un cachopán. Á cousa hai que porlle un pouco de humor ante a crise.
Co meu agarimo.

3 comentarios:

Pedro dijo...

Bueno, polo menos teredes internet "a todo jas" Non?
Moi boa si señor

Administrador dijo...

Ou gas no fío de Internet, Pedro, eu xa non as teño todas..., menos mal que hoxe estiveron aló na Fontiña e non ollaron a feira.Saúdos

Luz dijo...

Pues mira tu si se engañan de tubería. La verdad Suso que piensas en todo.